Os sinistros nas vías secundarias foron o 70% do total da provincia

La Voz

CARBALLO

30 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

Un dos principais obxectivos enmarcados nas liñas estratéxicas que recolle o novo plan de seguridade é a eliminación dos tramos das vías nos que se produciron máis accidentes nos últimos anos. A maioría concéntranse na rede secundaria de estradas. Tanto a Xunta como o Executivo central puxeron en marcha desde o mes de agosto máis medios para previr estes accidentes. A campaña acadou un descenso do 33% no número de vítimas en relación ao ano 2005. A Consellería de Política Territorial ten reflectido nos seus orzamentos un investimento de 180 millóns para mellorar a rede secundaria. En Galicia hai 86 tramos perigosos na rede viaria e o 82% das zonas que concentran máis accidentes se sitúan nas costas das provincias de A Coruña (34) e Pontevedra (37). En Ourense rexístranse 2 tramos de concentración de accidentes, e 13 son os identificados nas estradas da provincia de Lugo. O obxectivo da Consellería para o 2007 é eliminar un total de 22 deses puntos negros. Para iso Política Territorial reserva unha partida de 22,4 millóns nos orzamentos do 2007. Na provincia coruñesa, as vías autonómicas que acumulan máis puntos perigosos son a AC-543 entre Santiago e Urdilde e a AC-305 entre Padrón e Barbanza. En Pontevedra, os tramos nos que tiveron lugar a maior parte dos sinistros nos últimos cinco anos discorren polas estradas do litoral desde Vilagarcía a Tomiño. En Lugo os puntos de maior accidentalidade están entre Vilalba e Outeiro de Rei. Para Política Territorial, o plan será un paso máis para previr os accidentes na rede de vías secundarias da comunidade autónoma, que sumaron ata o mes de xullo o 60% dos sinistros acontecidos en toda Galicia. A situación é máis grave na provincia de A Coruña, posto que a proporción ascende ata o 70%. ? Plan de Seguridade Viaria 2007-2010 tamén prevé potenciar o uso do transporte público fronte ao transporte particular. Esas medidas xa comezaron este ano co Plan de Transporte Metropolitano e os diferentes convenios con Renfe.