Entrevista | María Suárez Pallas O colectivo celebra hoxe, xornada de Santa Lucía, a súa festa anual
12 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.A xente que traballa para a Once celebra hoxe a festa de Santa Lucía, que é a patrona da vista. Coma sempre, cunha misa, unha reunión, xantar e festa. -Empezaremos á unha. Teremos unha misa na honra da nosa patrona. E ás 14.30, unha comida de confraternidade na Casa Sánchez de Silván, para a que temos anotadas unhas setenta ou ochenta persoas. Estará amenizada polo grupo Savoy. -¿Cantos concellos están adscritos á axencia da ONCE en Carballo? -Collemos toda a Costa da Morte e algúns limítrofes, como Cerceda ou Santa Comba, entre outros. É unha zona moi ampla. -¿E que tal foi o ano en canto a premios? -Tivemos un gran premio no mes de agosto, que demos precisamente na Costa da Morte, por medio dun vendedor que acababa de empezar. Ese mismo mes comezaba no posto e xa dou o premio, que foi moi bo. E volvemos a dar en setembro, na zona de Bembibre, e houbo máis. Foi un bo ano de premios en toda a comarca. -¿Xoga moito a xente? -Polo menos en Carballo véndese bastante ben. -E agora, ademais, con novos produtos, como o Supercombo, que parece moi espectacular. -Pois si, precisamente para este sábado que vén, o 17, temos un bote de case nove millóns de euros. E á xente gústalle. -¿Como van os sorteos da fin de semana? -En xeral, todos teñen moita aceptación, o do venres xa vén de antes, e o do domingo tamén gusta, porque á parte do premio en metálico tamén están as mensualidades durante 25 anos, cunha renda moi alta. -Este ano, Carballo apareceu nun cupón das Once. ¿Como resultou a experiencia? -Moi boa, vendeuse moitísimo ese día. Máis tivésemos para vender. E ademais, foi algo entrañable, un recoñecemento aos traballadores e á xente de aquí. Moita xente xa o compraba aínda que fose só por estar dedicado a Carballo. -Era outro xeito, tamén, de acordarse dos vendedores. -Si, porque o seu traballo é moi duro, todo o día na rúa, faga o tempo que faga. Penso que teñen moito mérito. E coa ilusión de darlle premios á xente. -Hoxe martes, ¿temos venda de cupón? -Non, hoxe é día de descanso para todos os vendedores.