Entrevista | Paloma Riveiro Pazos Cociñeira e especialista en postres, imparte hoxe un curso en Vimianzo organizado polo proxecto Singra da Cruz Vermella de Galicia
04 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.Aos seus 21 anos, Paloma Riveiro Pazos, ademais de cociñeira no restaurante O Pinar, en Os Muíños (Muxía) é técnica de cociña e especialista en repostería. Hoxe, ás nove da noite en Casa Elisa, Carnés (Vimianzo), comeza a impartir un curso de 20 horas de duración que ten como obxectivo ensinar á xente da comarca os secretos dos mellores postres. -A todo tipo de xente, desde mulleres xubiladas a homes e mulleres da miña idade e tamén a hosteleiros. -¿E con que postres comenzaremos o menú? -Iremos pouco a pouco, hoxe faremos biscoitos con crema pasteleira e nata e tamén magdalenas. -Para chegar ata... -Por exemplo a crema de oruxo, como unha mousse de almíbar con augardente. -¿Cal é o seu postre estrela? -A mousse de queixo. Hainos que veñen ao restaurante só por ese postre. -¿Como acepta a xente da Costa da Morte esas innovacións do menú? -A xente da comarca é moi tradicional á hora de comer. Unha vez fixen ortigas nun curso e habíaos que aquilo dáballes reparo. -Pero moitas veces semella que os menús que se poden comer por aí son sempre os mesmos, ao mellor non estaba mal innovar un pouco. -Hai que buscar mezclar un pouquiño o de sempre co de agora, porque a xente é moi conservadora. Non lles podes poñer, sobre todo no campo, polvo prensado, porque eles piden a tapa de sempre, non esas cousas. -Pero sitio hai para innovar... -Eu creo que si fai falta un restaurante innovador.