O bum

ELISA ÁLVAREZ CASAIS

CARBALLO

ARA SOLIS | O |

28 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

EN ESPAÑA constrúese máis que en catro ou cinco países europeos xuntos. Seica é o resultado dunha enquisa. Os que a fixeron non pasaron por Cee, onde as estatísticas son moito máis elocuentes. A balanza inclinaríase descaradamente cara a nosa florecente vila, nestes cinco últimos anos, onde as novas construccións, soben como se nada. Xurden como da noite para a mañá, ata o punto de desprazar o que fora o centro neurálxico da vila ata o medio do recheo. Mirando atrás no tempo nótase como o pobo foi medrando pouco a pouco ao redor da igrexa e hoxe os edificios arremuíñanse a toda présa ao redor do centro comercial. Neste cambio poderíase apreciar un significativo xiro na sociedade. Hai un sinfín de construccións que se ofrecen sen complexos ao visitante. Cada ano máis elaboradas e con fachadas tan lustrosas que da gusto velas. Boas galerías, cores pastel, pedra de Porriño, pizarra do Barco, tan vistosas que deslumbran aos veciños das vilas lindantes que perden a cabeza por mercar un piso en Cee. Todo moi ben. A mágoa -é o comentario que hai pola rúa- é que ao mesmo tempo que se levantan edificios non se levantasen tamén nos arredores algunhas industrias para paliar a falta de traballo. Así sí que se lle daría máis vida ao pobo e que toda esta chea de pisos novos non quedasen valeiros todo o ano ata as vacacións porque os seus donos non atopan emprego aquí e teñen que ir gañar o carto fóra, lonxe, moi lonxe do fogar (Barcelona, Canarias, Suíza) para pagar as letras que cada mes caen coma lousas (¡esas si que non perdoan¡). Hai xente que pasa a vida soñando con voltar algún día non moi lonxano para poder disfrutar cos seus das comodidades, do luxo e do confort do seu pisiño de primeira calidade.