Carlos Abella, o chatarreiro

JOSÉ M. POSE MESURA

CARBALLO

IN MEMORIAM | O |

03 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

FOISENOS CARLOS, o amigo, o traballador, o loitador incansable de utopías e soños de xustiza. Nos pinos de Bergantiños zoa o vento unha plegaria longa de dor. O Anllóns é hoxe un río de bágoas que asolaga Ponteceso. Morreu Carlos Abella. Foisenos o corazón máis vivo desta terra, o señor da nobleza e da honradez, o republicano ata os miolos, o mestre de todos nós que nos ensinaba o socialismo coa forza da súa ollada e a paixón das súas verbas. Carlos, o chatarreiro que «gañou o pan suando día a día nun labourar arreo» a mandarriazo limpo e a lume de soplete. Non poideron con él as sentencias de morte, as persecucións e as tundas. O amor polos seus, pola vida e pola liberdade foi o seu norte. Dende Tella, á beira da túa amada, oirás o «bálsamo triste e blando» das campanas de Anllóns que coutarán para sempre as feridas das túas loitas interminables. A túa ausencia faite agora máis presente en todos nós: vivirás no recordo e na memoria coma un símbolo perenne para facermos, coma ti, da vida unha bandeira de loita e liberdade. Sit terra tibi levis. Decansa en paz, amigo, compañeiro.