Alejandro Rodríguez enfila a súa quinta campaña electoral con optimismo e respeto. E rapidez, porque foi o primeiro da bisbarra que dou a coñecer o seu equipo. -Unha continudade da labor destes anos. Se os electores me revalidan a súa confianza, seguirei loitando pola calidade de vida dos veciños. E, sobre todo, que as persoans maiores podan disfrutar dos seus días. -¿Como xulga vostede o Vimianzo real? -Está claro que marcamos a pauta na comarca, sobre todo en servicios. Que tódalas parroquias teñan auga municipal é fundamental, e case está. En canto a infraestructuras, temos aprobado un dos polígonos máis grandes da Costa da Morte, gracias a Fraga, que cumpliu. A obra será un referente e estará axiña, espero que os empresarios participen, porque van a ter bastantes subvencións. -Di a oposición que no seu goberno hai pouca transparencia. -Hai transparencia total, pero algo terán que dicir. Que miren ó resto. ¡Se todos fixeran como nós...! Tamén miramos quen nos fai ben as obras. -¿E como ve o futuro? -Temos que ir moito a máis, na comarca e en todo. Temos moito potencial en gandeiría, madeira. Somos un pobo progresista con recursos que aínda lle damos servicios ós municipios da volta. E, según o anuario de La Caixa, temos un dos índices de calidade de vida máis altos da Costa da Morte. -¿De que está máis orgulloso do municipio? -De moitas obras: a auga en tódalas parroquias, os saneamentos, as prazas... - ¿Que destaca das caras novas da súa lista? -Hai caras novas renovación, maior presencia de mulleres, non só na lista, senón en postos de saída. Temos moita variedade, desde a máis nova, que ten 21 anos, ó maior, que é Manuel Castro, algo máis vello ca min. Os cambios son necesarios de vez en cando, e nun partido son algo normal. -¿Como ve o PSOE na Costa da Morte? -Ben, moi forte. Creo que lograremos bos resultados. Espero que haxa votos e non haxa valas -¿E a Deputación para o seu partido? -Hai moitas posibilidades, confío en que sexa así, pero en democracia hai que velo o día das eleccións.