ÁGORA | O |
07 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.Continúa o baile de siglas. Agora hai AVE en Malpica, non ten nada que ver co tren de Álvarez Cascos, é a nova formación encabezada polo disidente do PP, José Manuel Vila. A Costa da Morte debe ser un pesadelo continuo para o secretario provincial dos conservadores, Jesús Almuíña. Entre o CDI, o AVE e outros independentes, o que fora home forte de Cuíña na provincia, ten que estar doente. O xefe de filas do CDI, Francisco Tajes, conseguiu colocar moitas máis listas das que se pensaba a priori, e aínda seguen poxando contrareloxo para facer algunha máis. A Deputación vai pelexarse voto a voto, e no fondo hai un pulso na sombra, á espera do que ocorra o 26-M. Menos mal que hai que ir pechando as listas, porque a comarca non gaña para máis divorcios políticos. Despois dos comicios, virá Isabel Gemio con hay una carta para ti...de reconciliación.