A escritora de Cee xa ten máis de 30 obras editadas e acadou numerosos premios Concha Blanco é a escritora máis prolífica da Costa da Morte nos últimos anos. Pero o seu non é só a cantidade, senón tamén a calidade, como o atestigan os numerosos premios acadados en toda Galicia, sobre todo polos seus traballos destinados ó público infantil e xuvenil. O seus lectores teñen agora unha nova oportunidade de atoparse co seu inxenio gracias á nova creación: «Estela, a domadora de rás», que acaba de publicar, xusto a semana pasada, a editorial Ir Indo.
20 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Concha Blanco ten agora nas librarías a súa obra número 23 de xeito individual, anque ten outros cinco de texto e seis «ou máis» colectivos, con outros escritores. O que fai o número 23 é precisamente Estela, a domadora de rás . Publicado en Ir Indo, dentro da Colección Xuvenil , está recomendado especialmente para rapaces maiores de oito anos. Esta obra trata sobre unha rapaza que vive nun circo. «A historia desenrólase en distintos escenarios, pero sobre todo en Santiago e Fisterra». A nena vai dun sitio para outro, co cal lle costa moito ter amigos ou, polo menos, conservalos. A cercanía de hoxe é a lonxanía de mañá. Esta situación provoca que Estela chegue a preferir non ter amigos para non ter que sofrir cando se marcha a outro lugar. E decide facer algo curioso: ser amiga dos animais. Entre eles, sobre todo, dunha rá que atopa e da que xa non se quere separar. Aquí é donde empeza o interesante do libro, razón pola que Concha Blanco, profesora de ensino secundario en Cee, non quere desvelar máis. Esta escritora recibiu varias homenaxes e premios nas últimas semanas. Un deles, por certo, na prestixiosa feira das letras de O Couto, en Ponteceso. Tamén impartiu moitas conferencias por toda a bisbarra e a provincia co gallo da celebración do día das Letras Galegas.