Hai sustos que rematan ben

La Voz

CARBALLO

ANA GARCÍA

12 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

: SORPRESA NA ESCOLA. Eran as once e media da mañá e os escolares do colexio As Forcadas de Corme estaban tan tranquilos nas aulas cando, de repente, soa a sirea e todos, máis duns noventa, teñen que pórse a salvo. Con moita orde e disciplina, os nenos foron saíndo cara o exterior do centro seguindo as indicacións dos membros de Protección Civil e os bombeiros. Algúns aparecían vendados e algúns dos rapaces iban comodamente en padiola. Unha das profesoras, que levaba a cabeza coma se mesmo sufrira un bo golpe, foi rescatada por unha fiestra cunha grande destreza por parte do socorrista. Pero só se trataba dun simulacro, aínda que a cousa non deixa de ser seria. A directora e mailos mestres sí estaban ó tanto do que iba acontecer. Todo se levou a cabo de acordo co plan previsto. Os homes de Luis Barca Añón , responsable de Protección Civil de Carballo, e de Xavier Couto Castro , da agrupación de Ponteceso, fixeron o seu traballo con grande eficacia. Ó remate, todo o mundo quedou contento coa proba e os nenos pasaron unha xornada do máis levadeira, con aventura incluida e todo. : BO GUSTO. O concesionario da marca Porsche para a provincia de A Coruña, José Ramón Ferreiro , celebrou onte en Bergantiños un encontro cos seus clientes. Na viaxe participaron os donos de seis modelos Boxter, de 220 e 252 CV, que deixaron coa boca aberta a algúns usuarios das vías públicas. No grupo tamén estaba o xornalista José Manuel Oriols , experto en cuestións automovilísticas. Como o grupo sabe moito de calidade non podían marchar da bisbarra sen ter novas das súas riquezas gastronómicas. Así que quedaron no restaurante cabanés Mar de Ardora e tomaron un bocadiño. : MOI OCUPADOS . Moitos veciños de Corcubión preguntáronlle ó director do colexio Praia de Quenxe, Francisco Riveiro , por qué os nenos non foron á festa de Xuntos na escola , que se celebrou o Día Mundial do Medio Ambiente. A razón non é outra que xa tiñan preparada outra viaxe para ese día.