P. TASENDE/ E. SILVEIRA A ENTREVISTA Corina Porro, responsable da Consellería de Servicios Sociais da Xunta de Galicia A conselleira de Servicios Sociais da Xunta, Corina Porro, anunciou esta semana os proxectos que levará a cabo o seu departamento neste ano. Entre os plans destaca a construcción de varias residencias destinadas a persoas maiores. Aínda que aínda non está concretado o lugar onde se edificará, haberá unha na comarca de Bergantiños porque, como asegurou a conselleira, «Bergantiños é unha comarca prioritaria». Segundo a «filosofía» da responsable autonómica, a Xunta pretende que os servicios sociais sexan universais, «para que cheguen a tódolos galegos, e non só a aqueles que non teñen recursos».
13 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.Corina Porro explicou onte en Onda Cero Bergantiños que o seu departamento pretende loitar contra as formas de exclusión e traballar a favor das persoas con discapacidade. Unha maneira de empezar ese obxectivo é facer estudios das necesidades en cada zona. -Tal e como xa presentamos cos presupostos no Parlamento, a prioridade da Consellería de Asuntos Sociais é atender a dependencia, sobre todo ás persoas maiores que teñen dependencia. Fixemos un plan galego para as persoas maiores que está dividida en varias partes. -Unha dela será a destinada ós que teñen dependencia. -Ese é, como xa dixen, o primeiro obxectivo. Tamén queremos atender a dependencia das persoas que queiran estar e envellecer na súa casa. Para elo aumentaremos tanto o servicio de axuda a domicilio como a teleasistencia, as residencias de día e os programas de cheques asistenciais. -Tamén anunciou que a Xunta financiará a construcción de novas residencias. -Precisamente o plan estrela para este ano é a construcción de 24 novas residencias na nosa comunidade. -¿Na Costa da Morte? -Bergantiños é unha comarca prioritaria para nós e queremos darlle unha resposta inmediata ás súas necesidades. As características das residencias van ser as mismas para todas as comarcas: para persoas maiores asistidas, é dicir, que teñan necesidade de axuda por parte de terceiras persoas. -¿Que capacidade terán? -En cada unha haberá 150 prazas e tamén contarán cun centro de día. A inversión media destos centros está entorno ós 5.409.108,9 euros. -¿Cando estarán listas? -Esperamos que no 2006, en canto finalice este plan, todas as persoas da nosa comunidade con problemas de dependencia poidan estar acollido a través dos distintos programas. -¿Onde estará situada a residencia de Bergantiños? -Aínda non se sabe porque estamos contactando con moitos concellos. Este proxecto realízase a través dun convenio co Igape e, para esta primeira fase, presentáronse trece propostas. Nos próximos días poderase concretar máis.