Esperanzas para Labarta Pose

La Voz

CARBALLO

28 mar 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Fernández del Riego salientou ó final da súa conferencia o bo momento que están a atravesar actualmente as letras galegas na Costa da Morte. Tamén destacou a enorme importancia que para a literatura tiveron escritores da comarca, entre os que citou a Eduardo Pondal e López Abente. O presidente da Real Academia Galega tamén se referiu á posibilidade de que se adique próximamente un Día das Letras Galegas ó poeta Labarta Pose, como solicitan varios vecinos de Baio. «Dende o pobo surxen moitas iniciativas que nós estamos recibindo. Pero é moi dificil decidir porque nos chegan tódolos días propostas de municipios galegos presentando a xentes deles», asegurou Fernández del Riego. Sen embargo, non é totalmente pesimista sobre que algún ano poda ser o escritor soneirán o elexido: «Chegaralle o día como a outros», aseverou o presidente da Academia. Este intelectual tamén rexeitou o nome de Costa da Morte, o que non considera o adecuado en comparación con outos litorais cercanos, chamados Costa Azul ou a Brava.