O «Obamacare»


Os servizos de Urxencias do Clínico de Santiago, área na que está incluído o hospital da Barbanza, están cabreados porque funcionan mal e fan algunhas propostas como «...dotar de más personal, organización más racional para los espacios del servicio y agilizar los traslados de pacientes» (La Voz de Barbanza do 11/12/2018), mentres que un xuíz de Texas sentencia que a lei de coidado da saúde accesible, alcumada Obamacare por ser promovida polo ex-presidente dos EUA, é inconstitucional.

As Urxencias hospitalarias son unha eiva en toda España como consecuencia do principio español de sanidade universal que establece o noso ordenamento xurídico, mentres que na América ianqui o sistema sanitario é personalista, un sentimento moi arraigado no pensamento dos estadounidenses -e non só nesta materia- porque a súa cultura está fundamentada na idea do esforzo persoal. Isto non supón que as persoas sen recursos non teñan acceso á sanidade, xa que esas situacións enmárcanse dentro do seu welfare, un sistema de asistencia social moi ben definido polo economista George Gilder no seu libro Riqueza e pobreza, publicado en 1981.

O fundamento filosófico deste profesor liberal de economía do Lehrman Institute é o seguinte: «A verdadeira riqueza non está na capacidade adquisitiva dun país, senón na súa capacidade para investir e producir bens consumibles no futuro». Por moito que os pensionistas da bisbarra se manifesten polas rúas da Pobra, as pensións non se poden garantir precisamente porque non se albisca que en España teñamos capacidade de producir bens de futuro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

O «Obamacare»