O espectáculo no local de Boiro foi un éxito desde o principio e non defraudou ao público que encheu a sala
26 dic 2012 . Actualizado a las 07:00 h.A compañía Mofa e Befa arrincou un sorriso ás ánimas da Pousada, que vestiu as súas mellores galas para recibir aos cómicos como se merecían: outorgándolles o aplauso como premio merecido. Os protagonistas deleitaron aos asistentes, que viron a representación da súa obra Cociña Económica.
Os humoristas repasaron, con gran criterio e un sentido do humor intelixente, non exento dunha gran ironía crítica, a personaxes que xa non están neste mundo. Un nome que desfilou varias veces polo escenario foi Don Manuel Fraga Iribarne, aínda que tamén o fixeron outros de talla internacional e que se manteñen de actualidade case diaria no seu país de orixe como Fidel Castro.
Entradas esgotadas
Un dos personaxes máis exitosos foi o tío Reveriano, que na obra se presenta recentemente chegado dun penal cubano e que conseguiu contactar co público en poucos segundos. O seu diálogo foi do máis divertido da noite, e contou ademais coa complicidade dun auditorio entregado á causa, que gozou durante as dúas horas que durou a representación desta disparata obra teatral do xénero cómico. E é que as gargalladas non deixaron de escoitarse nunha Pousada que puxo o cartel de non hai billetes para esta representación
O público, ao concluír, premiou á compañía cunha salva de aplausos para pór o punto e final ao espectáculo. Un xesto que os actores agradeceron saíndo varias veces ao escenario para saudar a unha audiencia coa que sentiron unha gran complicidade desde o primeiro minuto do espectáculo.
CRÍTICA «Cociña Económica»