«O proceso de fundición levounos case dous meses»

Chechu López RIBEIRA

BARBANZA

Entrevista | Juan José Argibay Sampedro Profeta na súa terra, o pasado 24 de decembro inaugurou a estatua do Polbeiro na parroquia de Castiñeiras

25 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

Escultor, debuxante, guionista, fotógrafo e deseñador de mente creativa, Juan José Argibay estudou escultura na escola Mestre Mateo de Santiago e pintura na Pablo Picasso da Coruña, antes de fundar no 2003, xunto con Xosé Andrés Gude, a agrupación artística Arteleira de Aguiño. -¿Como naceu a agrupación Arteleira? -Tanto Xosé Gude coma min somos de Aguiño e tiñamos as mesmas inquedanzas, polo que formamos esta agrupación artística, aínda que os nosos estilos artísticos son diferentes. -¿Que pretendeu reflectir co seu polbeiro? -Quixemos unir o que é o polbeiro de mar, que leva cotelos, co polbeiro de terra, que trae bichelos. Castiñeiras sempre foi unha terra polbeira, que exportaba para o interior. -¿Cal foi o proceso de fabricación? -A obra é de bronce e está fundida nos talleres Artebron de Goián, en Tui. En agosto xa tiña feita a maqueta e en decembro tivemos a inauguración, pero o proceso de fundición levounos case dous meses. -¿Cando empezou a traballar nesa obra? -Empezamos en xuño pasado cos preparativos, aínda que a primeira figura xa a fixen hai tres anos.