A inquisición

JOSÉ RODRÍGUEZ CABEZA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

19 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

CO PRIMEIRO que teñen que contar os veciños de Boiro que teñan terreos na chamada zona marítimo-terrestre é con que, por moi boas palabras que lles dea o goberno tripartito de agora ou o do PP de antes, non se lles vai arranxar o problema, aínda que se pode. Non sendo a de Costas unha mala lei, os encargados de aplicala pensan que os que temos propiedades na beira do mar somos herexes e, polo tanto, eles actúan como os inquisidores medievais, cando menos os que eu coñezo. ¿Cómo é posible entender que, coincidindo, según din, o PP boirense cos prantexamentos do actual goberno, ou sexa, co sentir de todos os veciños de Boiro, as demarcacións de Costas se adiquen a bailarlles a muiñeira? Certo é que, coa propia lei na man, quedarían arranxados, tanto os intereses xerais como os dos veciños afectados, dun xeito tan sinxelo como sería un acordo do Consello de Ministros e outro do Consello da Xunta. Pero, para iso, os nosos mandatarios tiñan que ter vontade de afrontar o problema. Se temos en conta a súa configuración política, ¿por que non aproveitan a Mancomunidade de Arousa-Norte para negociar un plano conxunto de actuación urbanística homoxénea na beira do mar diante dos gobernos estatal e autonómico, en vez de saír nos xornais con boas palabras e pésimos feitos?