DENDE FÓRA | O |
13 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.AQUÍ, NO Barbanza, coma en moitas outras partes do litoral, o mar é quen fala. Forma parte do noso mundo. As confrarías ou comunidades mariñeiras ou gremios aparecen documentadas aló polo século XII a partir da Idade Media alta. Hoxe, estas asociacións seguen vixentes e xogan un gran papel no regulamento pesqueiro e marisqueiro e na súa actividade laboral e productiva. O mar, como en épocas remotas, é unha realidade capital na economía das rías e da comarca. Manuel Maneiro. Elixido, por segunda vez, patrón maior da Confraría da Pobra do Caramiñal. Representa un sopro de aire fresco. Pertence o patrón a esa xeración que a poucos van tomando o relevo nestas institucións -algunhas anquilosadas e envoltas en liortas internas-. A catástrofe do Prestige foi, para Galicia un verdadeiro caos. Algúns patróns, entre eles, Maneiro, mostraron eses días de incerteza e incompetencia política estar á altura do que neses momentos demandaba a sociedade deste país. Lucidez e mente ben equipada. O mundo do mar, neste tempo de goberno democrático en Galicia, foi incapaz de se vertebrar. A falla dunha política constructiva e integradora por parte dos nosos políticos mantenos o suspense de cara ao futuro. Eso si, temos homes e mulleres, que aseguran un cambio nas comunidades das nosas rías. Noraboa.