España no mundo

J. R. CABEZA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

02 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

SENDO QUE os máis avispados políticos, os máis ilustrados comentaristas, destacados intelectuais, moitos xornalistas e unha boa parte da poboación, entenden que o noso presente e futuro está máis na UE que noutros lugares do mundo, tería que pensar que así é. Pero, quizáis sexa por torpeza miña ou terquedade na análise, estou convencido de que a nosa pertenza á UE non é o elixir máxico que se nos amosa, por moitos Fondos de Cohesión, Estructurais ou Feder que teñamos conquerido ou poidamos conquerir. No sector agrícola gaña Francia, no pecuario están por enriba Holanda ou Paises Baixos, no siderúrxico tivemos que someternos á Alemania, no pesqueiro fomos desbotados de moitos dos nosos caladoiros en beneficio de Irlanda, Noruega ou Gran Bretaña. Nós fomos europeos antes que ninguén, pero tamén temos vencellamentos cos países latinoamericanos. A nosa ligazón cos árabes é de séculos e de África sacamos moitos peixes. Cos EE.?UU., sempre nos levamos máis ben que mal, e ata os xaponeses veñen mercarnos cousas. No mostacho de Aznar vín un día que tiña dous pelos blancos de tonto, ata que, fixándome ben, decateime de que estaba comendo merengue. A política exterior española dos derradeiros anos raspa matrícula de honra. Xa iba sendo hora.