DENDE FÓRA | O |
06 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.O URCO, ese animal mitolóxico, esa besta, un demo aterrecente que leva no noso maxín toda unha vida, todo un tempo. Eu mesmo o teño atopado máis dunha vez a groular copas na praia da Illa. Se acaso algún lector desta columna lle acontece o mesmo, o mellor, unha vez que se nota a súa presenza, é non miralo. Se fas coma a muller de Lot, podes quedar aterrorizado para sempre. Os galegos, entendo, somos peculiares. Esto non é bo nen malo. A nosa mente sempre estivo poboada por estes personaxes. Con eles entablamos unha relación afectiva, algo normal, témolos destapado nas sobremesas ou mesmo no lecer das noites. O Urco é un deles, iso sí, coma un ascensor que sempre baiza, é decir, tamén el vai a menos, coma nós, el tamén forma parte das estatíticas na comarca do Barbanza. Podiamos o outro día ler certas informacións neste xornal, en relación ós datos de paro, na bisbarra, un desagoadoiro, datos do noso nivel de vida, xa, renta percápita. Non cadran os medidores económicos, non cadra a creación de empegro, non cadra. ¿Cal é o problema?. Iso, a menos...Entraba a oficina do Inem e notei un tufo, sabíao, alí estaba, notei o brillo da tarxeta na súa man e non mirei, era el. Tamén a menos.