O Concello da Illa súmase á nova plataforma que unifica a xestión policial

La Voz A ILLA / LA VOZ

AROUSA

O auditorio acolleu unha xornada formativa

22 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A Illa acolleu onte un curso da plataforma de xestión policial (Xespol) que unifica todos os criterios de actuación do corpo policial, así como os impresos, mais de corenta bases de datos e trescentos documentos preformateados e organigramas protocolarizados.

Xespol instrúe e deixa constancia das medidas asistenciais e procesuais que as policías locais poden e deben tramitar nas súas actuacións sobre violencia contra a muller, control das ordes de servizo e eventos policiais, investigación dos accidentes de tráfico no núcleo urbano ou a tramitación de calquera dos delitos contra a seguridade viaria. Esta ferramenta garante que calquera trámite administrativo, penal ou de tráfico sexa xestionado do mesmo xeito e baixo os mesmos modelos de actas ou dilixencias en todos os concellos e permite facelo en galego, o cal a converte na única plataforma de este tipo bilingüe. A Illa é un dos concellos que implantará este novo sistema.