Vilagarcía abre o luns un ciclo de documentais

La Voz

AROUSA

09 abr 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A sala de conferencias do auditorio de Vilagarcía converterase, a partir do luns, en escenario dun ciclo de documentais sobre a memoria. A primeira cita chega o propio luns, sempre a partir das oito da tarde, con Esta noite, velada, un traballo dirixido por Antonio Caeiro sobre o grupo de teatro afeccionado Airiños , de Rianxo, que mantivo a súa programación en galego ao longo da ditadura. O martes, aínda que podería haber cambios, proxéctase Traballadores do contrabando , de Víctor Aparicio Abundancia, unha historia da xente que se dedicaba ao contrabando na raia do Miño. O mércores chega a quenda de Flores tristes , de Manuel Abad, un tremendo documento. E o xoves, Memorial de Camposancos sobre o campo de concentración.