O primeiro Campus Cortegada contará con adestradores de máximo nivel

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo VILAGARCÍA

AROUSA

Cathy Boswell, campeona olímpica coa selección estadounidense, é un dos maiores reclamos A iniciativa organizarase en xullo nas instalacións do Centro Príncipe Felipe de Pontevedra

29 abr 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

? club de baloncesto A.D. Cortegada deu a coñecer onte as liñas mestras do que será o seu primeiro Campus de verán, dirixido a nenas nacidas entre 1988 e 1994. Do 2 ao 9 de xullo, e do 9 ao 16 do mesmo mes, un máximo de 140 rapazas poderán disfrutar en dous turnos das ensinanzas dun profesorado de gran nivel no Centro Príncipe Felipe de Pontevedra. Dani García, adestrador ACB, Chechu Mulero, axudante técnico no Unicaja de Málaga da ACB, pero sobre todo Cathy Boswell, campiona olímpica coa selección dos Estados Unidos, son os grandes atractivos entre un profesorado que contará tamén co preparador do Inelga, Chiqui Barros, e co ex adestrador do Extrugasa Jordi Fernández. A nómina de ensinantes complétase con Miguel Ángel González (axudante técnico no Extrugasa), Diego Ocampo (adestrador do Cortegada de Primeira División); Isaac Fernández (coordinador das categorías de base do Cortegada), Jorge Aragonés (licenciado en Inef e preparador físico do Extrugasa), Montse Gilabert (xogadora do Extrugasa), Gonzalo Rodríguez (técnico do Cluny de Primeira División), e Jorge e Carlos Martínez, adestradores das categorías inferiores do Seis do Nadal. As interesadas poden recibir información detallada chamando ao 650 907 156 ou ao 629 780 281. O prazo de inscripción rematará o 20 de xuño. Interautonómico júnior Por outro lado, o equipo júnior do Cortegada xa coñece o seu calendario no sector interautonómico de Navatejera (León). O 6 de maio medirase ao Tradehi Ecole de Lugo de Llanera (18.00 horas), o día 7, ao La Cistérniga Ponce de Valladolid (18.00 horas) e o 8 ao Aros de León (20.00 horas). O obxectivo, chegar e gañar a final, o día 9.