DÍA DAS LETRAS Os colexios cambadeses participarán a próxima semana no ciclo de teatro escolar con motivo do 17 de maio Os alumnos dos colexios cambadeses subirán a próxima semana ó escenario do instituto Asorey para por en escea distintas obras de teatro. Comenzarán o luns os máis pequenos, os de infantil de A Pastora, seguidos dos escolares dos Salesianos. Ó día seguinte serán os pupilos de Vilariño e os de San Tomé os que actúen e, para rematar, os de Corbillón e os do Magariños. Por outra banda, na inauguración deste ciclo entrergaránse os premios do concurso de lemas. Os gañadores deste ano foron Ana Abal, de Tremoedo, Iago Prego, do Magariños, Marcos Gozález e Claudia Cores, de A Pastora, Bibiana Rey, de Corbillón.
09 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.REDACCIÓN CAMBADOS Os colexios de Cambados preparan o Día das Letras moi atentos ós actos organizados polo Concello. A Pastora. No centro de infantil, o traballo sobre as Letras Galegas realizarase casi íntegramente nas aulas, onde se lles explicará o significado deste día e se lles dará a coñecer a figura de Sarmiento. Ademais, os nenos preparan un panel para colocar na mostra da Calzada, e unha obra de teatro, A galiña Paulina, que representarán o día 13. Vilariño. Os alumnos deste colexio tamén realizarán traballo nas aulas sobre Frei Sarmiento. Ademáis, preparan un mural para A Calzada e participarán no recital frente a estatua de Ramón Cabanillas que tamén organiza o Concello. Magariños. Unha exposición de libros de poesía -tanto en galego como en castelán- está xa aberta neste centro cambadés. Ademáis desta mostra, os rapaces están a escribir os seus propios versos para decorar con eles o centro. Ó mesmo tempo, os nenos preparan o seu panel para a Calzada e os actos para Os Caeiros: unha obra de teatro dos alumnos do grupo de taller de expresión, un cantar de cego, un baile e unha dramatización. Corbillón. O colexio de Corbillón, á marxe de participar cunha obra de teatro no acto de Os Caeiros e cun mural no da Calzada, prepara un gran festival para o día 16. Celebrarase no centro e consistirá en tres obras de teatro, cancións e recitado de poemas. Castrelo. Os alumnos deste centro recibiron o segundo premio provincial ás actividades e experiencias normalizadoras nos centros educativos dotado con 1.442 euros (239.929 pesetas) para libros. Ademáis, Anadía Viñas recibiu o terceiro premio provincial de carteis e lemas e Daniel Couceiro o segundo. San Tomé. Neste colexio elaboraron unha unidade didáctica sobre Frei Martín Sarmiento para poder traballar nas aulas. Tamén colaborarán co Concello nos actos organiados.