RESULTADO E PROXECTOS
23 feb 2002 . Actualizado a las 06:00 h.A obra xa está aí, xa non é só do autor, pertence tamén o público. A avaliación da exposición depende moito da resposta dos visitantes, pero polo carácter do artista quizáis sexa aínda máis interesante coñecer o sabor de boca que lle deixa. Queda a incógnita do resultado. -¿Que esperas da mostra? -Como do demais, espero vela colocada e observar como se comporta. Agardo que evoque a exposición seguinte, que é no que estou pensado. Necesito descargar todo o que levo dentro para empezar de cero, é un proceso de catarse, como se tivera dentro todas estas ideas... vexo os cadros aí como o viño cando repousa tempo nos bocois logo de fermentar e madura. Hai cadros que gañan, suben, e outros que baixan, pero podo facerme unha idea global do resultado. -¿E do público que agardas? -É máis intelixente do que poda parecer. Por moito que esta exposición non sexa fácil creo que todo o mundo vaise aproximar á miña pintura, uns a través da cor e outros polas formas.