Guillermo Pedrosa, pintor que onte inaugurou a mostra «Idearium» na casa de cultura de Vilagarcía Unha reflexión sobre o tempo e o espacio. Así recrea o seu «Idearium» pictórico Guillermo Pedrosa. Corenta e seis lenzos compoñen a mostra que abriu onte as súas portas na casa de cultura vilagarciana. Algunha das composicións saen por primeira vez á luz, despóis dun longo repouso no seu estudio. «Esta é unha obra global, é a miña concepción da pintura», que se sustenta na forza da cor. Ata aquí chegou levando a figuración ata as últimas consecuencias. A abstracción veu paseniña. «Empecei con fondos moi fortes, primeiro cubría todo o cadro e despóis dispoñía as figuras». Pero os fondos acabaron engulindo esas liñas.
24 feb 2001 . Actualizado a las 06:00 h.C.U. VILAGARCÍA Pensamentos, soños, memoria, formas inconclusas. Reflexións a golpe de cor e estímulos sensoriais. Pedrosa incluso postula un arte tactil. Unha pintura que se poida ver nas palmas das mans. -¿Qué supón Idearium? -Son cuarenta e seis obras que arrancan en 1994 e chegan ó 2001. Son a miña reflexión sobre o tempo e o espacio. Arranca desde os primeiros abstractos cando abandonei a figura humana. Esta foi a segunda época abstracta, tiven outra época nos anos 80. Aquí é onde empecei a destroza-la figura a crear fondos moi fortes cos que cubría o cadro e despóis dispoñía as figuras. Pero os fondos chegaron a ter tanta forza e tanta presencia que a figura volvíame tolo. Foi cando decidín prescindir da figura e deixar o fondo tal cual Desapareceu a figura e chegou a a abstracción. -¿Cal é o motor das obras que agora se presentan na casa de cultura? -Unha visión do espacio particular. Me gusta xogar co vacío pero non absoluto. Nese vacío meto elementos, mínimos a poder ser. Ó mellor cun par de elementos nunha zona do cuadro e logo vacío, pero non exactamente vacío porque xogo con texturas. Me gusta xogar con poucos elementos, facer sobre todo xogos cromáticos. Só espacio e cor. -A abstracción a ollos do público -Todo o mundo que ve un cuadro abstracto, por moi educado que esté artísticamente, tende a ver algunha parte do real. Aquí non hai mundo real todo está no mundo das ideas. Penso que hay que estar educado artísticamente. Entendendo a obra entra moito máis, entra máis profundamente. De outra forma chega máis superficialmente. Unha obra cala máis fondo nun ollo educado. -¿Cómo foi o seu camiño cara esa a pintura? -Cheguei dende a figuración, levando a figuración ata as últimas consecuencias. No meu caso á primeira etapa abstracta cheguei de casualidade. Era unha abstracción algo inxénua, sin formación. So traballaba con óleo. Agora teño a mente máis educada. A segunda etapa, a partir do 94, é producto dunha maduración artística e intelectual. Recibes máis información artística, literaria, filosófica. Hai que estar formandose continuamente. Tamén é unha obra máis acabada, máis sólida. Non me deixo caer tanto na voráxine creadora. -Nas súas obras hai moitas referencias ós sentidos, ó tacto por exemplo -Teóricamente a pintura é visual pero a arte contemporánea é para tocar. É a obra matérica. Son materiais que suscitan o tacto. Parece que algunhas exposicións son santuarios, que hai que andar en silencio. Pero a xente xa lle está empezando a perde-lo medo. Non hai que terlle medo ó arte. -¿Qué opina dos novos soportes? -Fixen algunha instalación. Pero penso que están ben como instalación pero como obra acabada, cerrada non o vexo. Si é válida ou non na arte contemporánea, ahí non me meto. O caso é que son efímeras e unha vez que remata a exposición se destrúen. Además hai moita tendencia a facer cousas neste campo para chama-la atención a calquera precio.