Galipizza estreará este xoves os «Xoves de Tapeo» a domicilio en Viveiro e Ribadeo
VIVEIRO
A oferta gastronómica desta semana inclúe «Galipizza de ovos rotos con champiñóns, xamón e chistorra» ou unha tapa de «Escalopíns de porco á pementa»
19 nov 2020 . Actualizado a las 20:37 h.O grupo viveirense Galipizza estreará mañá, xoves 18, os «Xoves de Tapeo» a domicilio en Viveiro e Ribadeo. A marca, que foi pioneira do tapeo aló polo 2005, dá agora «un paso máis na súa evolución empuxada polas condicións actuais» do covid-19. «Son tempos extraordinarios que requiren tamén medidas extraordinarias, así que imos probar esta semana en Viveiro e Ribadeo, con vistas a poñelo en marcha tamén no resto dos nosos locais», asegura José Manuel Vázquez, Leman, xerente de Galipizza. A oferta gastronómica desta semana consiste nunha mini «Galipizza de ovos rotos con champiñóns, xamón e chistorra» ou unha tapa de «Escalopíns de porco á pementa». O pedido mínimo será de 2 tapas, ao prezo habitual de 2 euros cada unha, e unha consumición de bebida, ademais do pago dun euro polo reparto. O outro local do Grupo Galipizza, a Dékada ofrecerá a domicilio as súas tapas de «Tetiña de raxo, beicon e queixo» e «Pizza quesadilla», nas mesmas condicións de pedido.