«'Senlleiras' saíu de 'Cuarto milenio'»

BURELA

@stillpablou

Antía Yáñez, autora da novela que rescatou a memoria de galegas reais vítimas da violencia machista, volve sorprender coa distopía «Be Water». 

28 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Be Water, aléntanos revitalizando o slogan Antía Yáñez (Burela, 1991), autora de Senlleiras, nunha nova sorpresa narrativa, unha distopía que nos leva a un futuro subterráneo sen auga para o porvir. Antía está a celebrar o ano Galdós coa lectura de El abuelo, que comparte a súa mesiña de noite con A mí no me iba a pasar, de Laura Feixas, e Spleen en catro tempos, de Arancha Nogueira. A súa literatura non desbota o WhatsApp: «Eu só recibo cartas virtuais. Os nenos escríbenme por Instagram, pregúntame cousas que a min non se me ocorren, como: Ti escribirías un conto dunha idea que che dese un lector?».

­-Vén de recibir o Premio Agustín Fernández Paz pola promoción da Igualdade. Como senta a distinción?

-Moi ben!, estou moi contenta porque ten un bo palmarés. Ademais, déronmo en Vilalba, que é de onde é meu pai e os meus avós. E leva o nome dun dos meus escritores favoritos. Redondo.

-Medrou entre os libros de Fernández Paz?

-Recordo que unha vez escollín un dos seus en castelán e cando o rematei decateime de que era un escritor galego. Era Contos por palabras; pensei: «Podes escribir en galego e tradúcenche os libros!».