A poeta Arancha Nogueira reflicte Compostela en «Spleen en catro tempos»

La Voz

SANTIAGO

Miguel Villar

Ourensá afincada en Santiago, reflexiona acerca de como as cidades se volveron menos habitables para as súas xentes

16 feb 2019 . Actualizado a las 04:55 h.

A poeta ourensá Arancha Nogueira afincouse en Santiago hai tres anos e a súa experiencia compostelá é a que vertebra o seu último traballo Spleen en catro tempos. «Levo un tempo con moita teima co tema dos espazos. Como mudan, como o fixeron dende a miña infancia ata agora ou o que aconteceu nos últimos anos nas cidades que coñezo. No caso concreto de Santiago está a turistificación masiva, a reconversión dalgúns barrios populares en espazos xentrificados feitos para hipsters e turistas», asegura a escritora. Esta situación fíxoa reflexionar acerca de como as cidades se volveron menos habitables para as xentes que viven nelas, «menos cómodas, máis precarias».

Arancha Nogueira, que dá clases na Facultade de Filoloxía, sacará tamén neste mes un pequeno poemario sobre o entroido e en marzo presentará unha antoloxía de poetas ourensáns.