Cambio de tendencia

BURELA

O

condutor que transita a diario polas vellas estradas da Mariña é a mellor brúxula para orientarse cara a qué porto ou portos vai a madeira. O forestal, un sector estratéxico e fundamental na Mariña lucense para sobrevivir á crise, también cambia de pólas. A ampliación do muelle comercial de Burela abreu portas ao futuro do tráfico de mercadorías, as expectativas cumpríronse e contabilizáronse excelentes rexistros. Pero os últimos datos revelan que hai cambio de tendencia, algo que preocupa na localidade onde na antiga Ecesa tampouco se prepara o caolín que tamén saía por mar.