Un año de la moción de censura en Viveiro: «Recuperamos a estabilidade»

S.C. VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Mariña Gueimunde defiende la prioridad de mejorar los servicios municipales
Mariña Gueimunde defiende la prioridad de mejorar los servicios municipales PEPA LOSADA

La alcaldesa, Mariña Gueimunde, hace balance de estos 12 meses

02 mar 2026 . Actualizado a las 21:53 h.

Se cumple ahora en marzo un año de la moción de censura en Viveiro. El PP, con Mariña Gueimunde al frente, accedió a la alcaldía con el apoyo del grupo de independientes de Por Viveiro. Cogobernaban hasta entonces PSOE y BNG. La regidora Mariña Gueimunde hace balance de estos 12 meses. «O ano estivo definido por unha actividade constante e, en boa medida, pouco visible de cara ao exterior. Centrámonos en ordenar a administración, analizar e actualizar expedientes, resolver bloqueos administrativos e asegurar que cada actuación municipal conte coas garantías legais e financeiras necesarias. A acción de goberno tamén pasa por ese labor minucioso e rigoroso que permite que os proxectos se consoliden e perduren».

«Entre os obxectivos prioritarios -añade- estivo a defensa e mellora dos servizos municipais. Nun contexto económico complexo, dedicamos esforzos a garantir o funcionamento adecuado dos servizos esenciais e a ofrecer respostas eficaces ás necesidades da cidadanía. Manter esa normalidade é imprescindible para que o Concello poida progresar con estabilidade. Paralelamente reafirmamos o apoio ás nosas tradicións e ao patrimonio que define a identidade de Viveiro. As celebracións, o labor das asociacións e a conservación cultural requiren organización, respaldo institucional e unha planificación responsable que asegure a súa continuidade».

«Consideramos tamén esencial preservar un clima de respecto entre as administracións. Por enriba das diferenzas políticas, debe prevalecer a colaboración para que os proxectos se fagan realidade e para que o municipio obteña os recursos e apoios que necesita. O traballo coordinado coa Xunta, coa Deputación e con outras institucións resulta determinante para avanzar con responsabilidade. En conclusión, foi un ano marcado pola seriedade, a estabilidade e a dedicación diaria. Sen estridencias, pero cun compromiso firme de seguir facendo de Viveiro un concello máis estruturado, máis eficaz e preparado para o que está por vir», concluye.

Ser alcaldesa

Mariña Gueimunde tenía experiencia política anteriormente, pero no había sido alcaldesa. ¿Es como se imaginaba? Responde: «Nas xefaturas territoriais eu era a ponte entre a administración e a cidadanía; exercía como enlace, trasladando necesidades e garantindo que os procedementos se cumprisen. Aquí, na alcaldía de Viveiro a última decisión e a responsabilidade final recaen directamente en min. Iso implica un exercicio de responsabilidade moito máis directo. Cada resolución ten consecuencias inmediatas na vida das persoas, e por iso debemos actuar sempre amparados na legalidade, respectando escrupulosamente os procedementos e garantindo a máxima transparencia».

«Ao mesmo tempo -continúa- esa responsabilidade tamén require escoitar e sentir en primeira persoa as necesidades dos veciños e veciñas. Non se trata só de cumprir a norma, senón de comprender a realidade que hai detrás de cada expediente. O equilibrio está precisamente aí: tomar decisións rigorosas desde o punto de vista legal, pero sen perder nunca a sensibilidade e a proximidade coa cidadanía».

Lo más importante este año

¿Qué es lo más importante que ha hecho al frente de la alcaldía de Viveiro en este tiempo o qué considera lo más importante? «Para min -dice-, o máis importante deste ano foi recuperar estabilidade, planificación e unha forma de gobernar baseada na responsabilidade e no contacto directo coa veciñanza de Viveiro».

«Despois da moción de censura -explica Mariña Gueimunde-, tiñamos claro que era fundamental poñer orde, marcar unha folla de ruta clara e priorizar as necesidades reais do municipio. Traballamos escoitando, visitando as parroquias e sendo moi conscientes das carencias existentes. Pero ademais desa forma de xestionar, este ano tamén foi clave por todo o que conseguimos poñer en marcha».

Y apunta: «Iniciamos os trámites para a recuperación do muelle vello; impulsamos a ampliación da rotonda da Misericordia para mellorar a seguridade viaria; activamos a execución de varias intervencións urxentes na rede de saneamento; e retomamos un proxecto fundamental para o futuro da mobilidade, que nos permita contar cunha variante alternativa que alivie o tráfico no centro urbano. Tamén avanzamos na rexeneración da praia de Covas, na reparación e saneamento do paseo do Landro e na posta en valor do Souto da Retorta, espazos emblemáticos do noso municipio que precisaban actuacións claras».

«Desbloqueamos as expropiacións vinculadas ao proxecto da Xunqueira -recuerda la regidora-, un paso necesario para poder avanzar definitivamente nesa área, e seguimos traballando nun documento clave para o futuro urbanístico de Viveiro como é o PXOM, imprescindible para dar seguridade xurídica e planificar o crecemento con criterio.Todo isto facémolo sendo realistas: os recursos son limitados. Por iso xestionamos con sentidiño, con criterios obxectivos e priorizando sempre o interese xeral».

«En definitiva, este ano foi o ano de sentar as bases: estabilidade, planificación e proxectos estratéxicos en marcha para construír o Viveiro que queremos para o futuro».

¿Qué falta en esta legislatura?

A la pregunta de qué falta por hacer antes de las elecciones municipales, Mariña Gueimunde señala: «Partimos practicamente de cero. Viveiro tiña un patrimonio municipal valioso, pero sen proxectos avanzados nin planificación preparada para actuar. Non había expedientes maduros, nin iniciativas listas para poñerse en marcha. Tivemos que comezar polo principio: analizar a situación real, establecer prioridades e poñer en marcha a maquinaria administrativa. Falamos de edificios, espazos públicos e infraestruturas que son de todos, que precisan mantemento, rehabilitación e unha estratexia clara de uso e posta en valor que durante anos non existiu. Somos conscientes de que Viveiro ten carencias, e a oposición recorda cada unha delas. Non as negamos. Pero o noso compromiso é resolvelas con planificación e rigor, porque as solucións duradeiras requiren tempo».

«O traballo inicial de ordenar, planificar e sentar bases sólidas xa está a dar froitos. Ademais, temos moita esperanza no PXOM, onde se rexistran avances importantes que abrirán camiño a un desenvolvemento urbano ordenado, sostible e de futuro».

«Asumimos o reto de comezar desde cero conscientes de que o tempo dunha lexislatura é limitado»

En política dos años (que disponen para gobernar más o menos hasta las próximas elecciones municipales) no es mucho tiempo para gestionar y, sobre todo, para materializar proyectos. Preguntamos a la alcaldesa si de momento está satisfecha.

«Asumimos -dice- o reto de comezar desde cero, conscientes de que o tempo dunha lexislatura é limitado. Pero estamos convencidos de que estamos deixando os alicerces para que Viveiro recupere o orgullo polo seu patrimonio, as súas tradicións e a súa capacidade de crecer de forma sostible».

«Non queremos que se nos lembre por grandes obras illadas, senón por traballar con constancia, coidar o que é de todos e construír un Viveiro mellor, con visión e esperanza para o futuro», concluye Mariña Gueimunde.

Ahora está en marcha en Viveiro la mejora por parte de la Xunta de la carretera de Viveiro-Ourol-Cabreiros, una de las salidas y entradas principales para Viveiro y hay confianza en que se apruebe el PXOM tan aguardado desde hace una veintena de años, tiempo en que Viveiro no pudo desarrollarse con orden y crecer como otras localidades mariñanas.