Foz presenta su programa de Carnaval que empezará el 31 de enero y finalizará el 20 de febrero implicando a miles de personas

La Voz

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Está declarado fiesta de interés turístico y no deja de crecer cada año; está próxima semana se abrirá el plazo de inscripción para participar en el gran desfile

24 ene 2026 . Actualizado a las 17:25 h.

El Concello de Foz presentó la programación completa del Carnaval, que incluye actividades desde el día 31 de este mes de enero hasta el 20 de febrero. El Carnaval de Foz está declarado fiesta de interés turístico y no deja de crecer en cada una de sus ediciones. Es, sin duda, la fiesta grande que identifica a Foz.

«O Entroido é para Foz unha das épocas de máis actividade e emoción. Para grupos e peñas son meses de traballo nos que confeccionan vistosos traxes, artiluxios e carrozas que fan as delicias de xente de tódalas idades», explica la concejala de Cultura, Inés López Couto, quien anuncia que «a partir da próxima semana estará habilitado o formulario na sede electrónica do Concello para a inscrición no desfile de Foz. Estará aberto ata o xoves 12 ás 14.00 horas. Non se permitirán inscricións o mesmo día do desfile. Tamén poderán inscribirse no rexistro do Concello. Os grupos, comparsas e carrozas que queiran participar no sorteo de postos deberán anotarse antes do luns 9 ás 14.00 horas. O sorteo será na Casa da Cultura ás 20.30 horas do mesmo luns».

Inés López Couto lamenta que a la cena de coronación no pueda asistir más gente por problemas de espacio; explica que «o programa deste ano comeza a vindeira fin de semana, coa coroación do rei do Entroido e as súas damas nunha cea baile na carpa da rúa Atalaia para a que as entradas están esgotadas. Cada ano anímase máis xente a acudir. Sentimos que non poidan acceder máis persoas, pero para aumentar o número de comensais necesítanse bastantes cambios, xa que afecta ao plan de seguridade, catering, a carpa, etcétera. Ese mesmo día 31 pola mañá poderemos desfrutar das comparsas de Foz durante os viños de mediodía polas rúas do pobo».

«O seguinte evento é o xoves 12 de febreiro, xoves de comadres. Ás 20.00 horas a comparsa As Farangullas abrirá a exposición na súa honra no CENIMA e ás 21.30 horas dará comezo a cea de comadres, na Sala Bahía. A música será a cargo de Primera Línea. Para adquirir as entradas deberá facerse nos locais de Afammer e Amas de Casa de Foz. O venres 13 ás 20.00 horas será o pregón das Farangullas para a continuación ver o concurso de coplas, na carpa da rúa Atalaia», avanza López Couto.

Luego vendrán ya los días grandes. «O sábado 14 é o día grande: ás 10.00 da mañá soará o chupinazo e haberá música coa charanga Santa Compaña -destaca la concejala-. Ás 16.30 horas comezará o gran desfile de Entroido, con máis de 8.000 euros en premios. Á noite o baile será a cargo dos grupos D'Cano e La Bamba. A entrega de premios será a partir da 1.30 horas. O prezo da entrada é de 7 euros e poderá adquirirse online ou na entrada do recinto. O domingo 15 é o Día Infantil. Ás 17.00h comezará o baile infantil na carpa coa actuación de La Guagua e moitas actividades para os máis pequenos. A entrada custa 4 euros. Ás 19.30 horas entregaranse os premios infantís, para ás 20.30h desfrutar do Touporroutou no salón de actos do Colexio Martínez Otero».

«O luns 16 de febreiro é o día do Baile do Farolillo. Ás 17.30 horas na Sala Bahía será O Feitizo o encargado de que os máis pequenos o bailen. Para ás 23.00 horas continuar co baile para os maiores amenizado por orquestra Miramar e Cosme Deejay. O prezo da entrada é de 4 euros e poderá adquirirse do mesmo xeito que as do baile do sábado. O martes 17 os máis pequenos poden desfrutar dun día de actividades na carpa da Rúa Atalaia, a partir das 17.00 horas. O Entroido de Foz despedirase ata o 2027 o venres 20, con saída ás 20.30 horas da comitiva fúnebre do Campo da Cabana para chegar á praza Conde de Fontao e realizar a tradicional queima. Coma os últimos anos, contaremos co graderío situado na explanada portuaria. As entradas poñeranse á venda o luns 9 a partir das 9 da mañá no CENIMA a un prezo de 5 euros para os adultos e nenos de máis de 12 anos, e para os menores desa idade é gratis», explica el edil de Xuventude, Ángel Fernández Neira.

El alcalde, Fran Cajoto, da las gracias «a todos os grupos, peñas do Carnaval e traballadores que facedes posible o Entroido de Foz, que é todo un referente. Agardo que o desfrutedes moito e que a maxia do Carnaval de Foz quede no voso recordo».