Alumnos da Escola Infantil San Roque, de Viveiro, buscan no periódico solucións ós problemas do medio ambiente

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

<span lang= gl >Alumnos da Escola de Educación Infantil San Roque, de Viveiro, experimentan a grafoescritura a través do movemento e da creación artística co programa Rede Planea</span>
Alumnos da Escola de Educación Infantil San Roque, de Viveiro, experimentan a grafoescritura a través do movemento e da creación artística co programa Rede Planea EEI SAN ROQUE

O centro de ensinanza público participa tamén na proposta Escuelas Visuales, da Fundación Orange

20 ene 2026 . Actualizado a las 19:55 h.

A Escola de Educación Infantil San Roque, de Viveiro, utiliza este curso o periódico para traballar sobre os problemas do medio ambiente e buscar posibles solucións. Con ese fin, o profesorado emprega co alumnado recortes de prensa. De maneira semanal, a partir dunha noticia seleccionada, elaboran un periódico propio titulado "Nós somos a Voz", no que recomendan lecturas de contos infantís en torno a cada noticia e que a final de curso recibirán as familias.

O colexio que dirixe Carme Ferreiro Maseda tamén participa por segundo ano consecutivo na proposta da Fundación Orange «Escuelas Visuales», ademais de conseguir este curso unha das 21 prazas que ofertou a Consellería de Educación ós centros educativos de Galicia para participar como colaborardor en Rede Planea, un programa artístico e educativo que investiga dende o xogo e a creatividade formas de experimentar a grafoescritura a través do movemento e da creación artística. A EEI San Roque toma parte ademais no proxecto Voz Natura, programa de educación medioambiental de La Voz de Galicia desarrollado pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre desde o curso 1997-1998.