«Viveiro non mellorou nada nestes case 5 meses de goberno do PP, están vivindo das rendas», afirma María Loureiro
A MARIÑA
«Aínda non explicaron como e onde van invertir os 6 millóns que anunciaron como acordo político con Por Viveiro na moción de censura», sinala
30 jul 2025 . Actualizado a las 17:49 h.María Loureiro, exalcaldesa e portavoz do PSOE afirma este mércores que «Viveiro non mellorou nada nestes case 5 meses de goberno do PP, están vivindo das rendas do que deixamos feito nós».
«Desde o PSOE de Viveiro queremos saír ó paso das declaracións feitas onte pola secretaria general do PP de Galicia, Paula Prado, e a Secretaria Provincial de Lugo Elena Candia, nas que afirmaron que a alcaldesa de Viveiro converteuse nun referente na Mariña pola súa xestión no Goberno Municipal, e que xa se ve un cambio en Viveiro. Desde o grupo municipal consideramos estas afirmacións unha auténtica falta de respecto á verdade e á veciñanza».
«Resulta ofensivo que quenes durante o tempo que estiveron na oposición se adicaron a desprestixiar aos anteriores equipos de Goberno presididos por María Loureiro, agora saiban que Viveiro funciona grazas ao traballo que nós deixamos feito. O certo é que todo o que está executando a día de hoxe o actual goberno do PP son proxectos herdados do anterior goberno socialista. Non presentaron nin un só proxecto novo, nin explicaron como van invertir os seis millóns de euros que anunciaron como acordo político con Por Viveiro tras a moción de censura», sinalan os socialistas encabezados por María Loureiro.
«Respeto aos orzamentos, votamos a favor por responsabilidade política, conscientes de que son imprescindibles para garantir e poder manter os servicios e suministros, reparacións e tamén conceder as subvencións ás asociacións culturais e deportivas, e todo elo repercutir no disfrute da veciñanza. Esa é a nosa forma de de facer política: con responsabilidade e pensando no ben común. En cambio o PP durante anos que estivo na oposición, nunca votou a favor dos orzamentos, bloqueando sistemáticamente a súa a aprobación. Outro claro exemplo de que bloqueaban temas de importancia para o concello foi cando votaron en contra da modificación da relación de postos de traballo para entre outros solucionar o problema da Policía local, e ao mes de entrar no goberno levan o mesmo que eles votaron en contra ao pleno para a súa aprobación», engaden.
«A pesar de despretixiarnos e de decir que a alcaldesa de entonces María Loureiro non facía nada -manifestan os socialistas de Viveiro-, nos presupostos que se aprobaron a semana pasada soamente van as inversións que deixou o anterior goberno. Mesmo con relación ao turismo a alcaldesa saiu nas fotos presentando unha revista de promoción turística, a mesma que se presentou nos anteriores anos do goberno socialista. Nós somos conscientes de que, tras tantos anos de xestión, todo é mellorable. Evidentemente cometemos erros, como non podía ser de outro xeito, e sempre se poder facer máis cousas. Pero o que nos parece profundamente inxusto é o nivel de desprestixio, de vapuleo e críticas que sofrimos, chegando a decir que non facíamos absolutamente nada».
«Agora caseque cinco meses despois estase demostrando que sí fixemos: porque todo o que están a facer é continuidade do traballo que deixamos feito.¿Se tan mal estaba Viveiro como dicían, porque de momento non presentaron nin un só proxecto? Sabemos que cinco meses non é moito tempo, pero tal e como anunciaron na prensa que tiñan proxectos de futuro de Viveiro xa os deberían de presentar aos veciños», conclúen.
Apuntan aínda finalmente desde o PSOE: «Por último denunciar a hipocresía da alcaldesa, que agora apela á colaboración de todas a administracións. Estamos completamente de acordo con ela, pero mentras estivo na oposición non moveu nin un só dedo para conseguir investimentos da Xunta de Galicia para Viveiro. Porque non lle interesaba que se viran avances durante os gobernos anteriores. Desde o PSOE de Viveiro seguiremos fiscalizando con rigor, denunciando as falsedades e traballando con lealdade sen facer unha oposición destructiva, para que o noso concello avance de verdade, non a golpe de fotos e propanganda».