Martín Fernández, premiado polas súas Memorias de Mariñáns na Emigración, na Voz de A Mariña

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Recibirá un dos premios Alecrín o vindeiro 10 de agosto no teatro da Estrada

25 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O xornalista e colaborador da Voz Martín Fernández acaba de recibir un dos premios Alecrín que conceden as asociacións culturais galegas en Cataluña pola súa sección Memoria de Mariñáns, que publica cada domingo nesta edición da Voz da Mariña.

Onte publicábamos nestas mesmas páxinas o seu último traballo sobre Orencio de Sola, fundador da loxia masónica Hijos de Hiram, do Vicedo, condenado a 12 anos. A súa serie sobre as loxias masónicas está a ter moita repercusión.

Cada domingo Martín Fernández lembra a mariñáns que trunfaron, ou fracasaron tamén, na emigración recuperando a memoria viva daquel tempo tan difícil. Figuras singulares, relevantes, e personaxes ás veces «de película».

Recibirá un dos premios Alecrín da Fegalcat, Federación de Asociacións Culturais de Galicia en Cataluña, o vindeiro 10 de agosto no teatro da Estrada.