«Come a Comarca» chega á Mariña

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

A costa lucense vai ser o punto onde cinco cociñeiros afeccionados coñecerán e farán algúns dos pratos máis típicos da comarca

20 jul 2020 . Actualizado a las 09:03 h.

Come a Comarca é o novo programa de televisión de Galicia, producido por Voz Audiovisual, no que cinco cociñeiros afeccionados viaxan a cada unha das comarcas galegas para coñecer os seus pratos típicos e enfrontarse aos mellores cociñeiros profesionais de cada comarca facendo os pratos nos que son especialistas.

Neste undécimo programa o equipo de cociñeiros de Come a Comarca visita a Mariña Lucense para coñecer os segredos da súa gastronomía e aprender a facer o menú máis tradicional da comarca, composto por: fabas de Lourenzá con ameixas, merluza con salsa de ourizo e torta de Mondoñedo.

O menú, tradicional, estará composto por fabas de Lourenzá con ameixas, pescada con salsa de ourizo e tarta de Mondoñedo

Bruno Pena, cociñeiro do Hotel Oca Playa de Foz, será o encargado de guiar aos concursantes pola gastronomía da Mariña. Estes irán xunto a Pepe Cuadrado, presidente da cooperativa Terras da Mariña, que lles irá amosando os numerosos tipos de fabas que venden alí. Despois visitarán a casa de Maruja, de Fabas Maruxa, que lles ensinará a súa riquísima receita de fabas da Lourenzá con ameixas. Os concursantes van visitar as cetáreas naturais de Rinlo, onde Tita e a súa irmá lles explicarán a gastronomía de Rinlo a raíz da historia das cetáreas naturais, as primeiras da Península Ibérica, usadas para o comercio de peixe. Despois, acompañarán a Tita ó seu restaurante, A Mirandilla, para aprender a tratar a espectacular pescada de Burela e cociñala nunha salsa de ourizo. Por último, os concursantes terán que aprender a facer a tarta de Mondoñedo. A encargada de ensinarlles será Celia, cociñeira afeccionada que lle dá un xeito sen igual a elaborar este antigo doce típico das terras da Mariña. 

Concurso popular

Unha vez desvelados os segredos das tres receitas, os cinco cociñeiros afeccionados do programa enfrontaranse nun concurso popular, Praza da Catedral de Mondoñedo, aos mellores cociñeiros da comarca facendo eses pratos: Suso Villarino e Nazaret Barroso do Asador Barreiros (Barreiros), Michel Cociña e Cristina Leal de Casa Miranda (Burela) e Silvia Rodríguez da pastelería Cabaleiros (Lourenzá).

A súa habilidade nos fogóns e un xurado popular composto por 15 veciños da comarca será quen decida que equipo Come a Comarca da Mariña Lucense.

Bruno Pena, do Oca Playa de Foz, guiará ós concursantes

Entre os nomes propios do programa Come a Comarca na Mariña están Bruno Pena (Oca Playa de Foz) que guiará aos concursantes pola gastronomía da zona. Compartirá espazo televisivo con Pepe Cuadrado (Terras da Mariña), Maruja (Fabas Maruxa en Lourenzá), Tita Fraga e a súa irmá (A Mirandilla de Rinlo) e Celia (Mondoñedo). Os concursantes tamén se enfrontarán a cociñeiros da comarca como Suso Villarino e Nazaret Barroso (Asador Barreiros en Barreiros), Michel Cociña e Cristina Leal (Casa Miranda de Burela) e Silvia Rodríguez (Pastelería Cabaleiros de Lourenzá).