Viveirenses levan 30 anos coa «cochinada do antroido e a halterofilia do vidro»
14 feb 2018 . Actualizado a las 13:03 h.«Corría el año 1988 cuando un grupo de amigos deciden formar La Cofradía del Cochinillo, y desde aquel entonces todos sus miembros tienen una cita obligada el Sábado de Carnaval para juntarse y poder disfrutar de ese bien natural que no es otro que la amistad de antaño». Así comeza a nota de prensa que a pandilla emitía para informar do seu 30 aniversario e deses 30 anos de «cochinada do antroido» e «halterofilia do vidro», como relatan.
-Dúas anécdotas, por favor.
-Un ano fomos ao San Frolán a comer o pulpo e alugamos un autobús por iso de que se tomas un viño... E emborrachousenos o condutor! Tivemos que volver en taxi. Outra vez, tamén encargamos uns cochinillos a Segovia, como era a terra deles... E cando os levamos a preparar descubrimos que viñan dun matadoiro de Arteixo cando nolos venderan coma se foran de Segovia.
-Sempre ten que ser cochinillo de Segovia?
-Foi dous anos. Cando fixemos os 25 parecíanos que era un modo de celebración especial. Estamos dándolle voltas a ir un ano celebrar en Segovia. Que non veña o cochinillo aquí, iremos aló.
-O que é fixa é a data. Sempre sábado de Entroido.
-Si. E non fai falla nin convocatoria...
-Nin por WhatsApp?
-Nin por WhatsApp! Todos sabemos que o sábado de Entroido quedamos no antigo Peloski para tomar os viños sobre as 20.30. A xente está totalmente comprometida. Sempre imos os mesmos e aproveitamos para contar as nosas anécdotas. O sábado de Entroido sempre estamos aí!
-Nestes 30 anos hai xente que xa non está con vós...
-Non quero falar diso, pero é algo inevitable.
-Tiña que empezar por esta pregunta. Por que ese nome?
-No 88 empezou isto. Decidimos xuntarnos para comer uns cochinillos e fomos repetindo. Incluso nunha época, fixemos un borrador e ata estatutos para facer unha asociación gastronómica. Non se chegou a oficializar.
-O importante é xuntarse.
-É o que nos importa. Aproveitamos para falar das nosas vidas, experiencias, anécdotas, tamén de cando éramos nenos. Éramos uns chavalitos no 88. Cando empezamos andábamos entre os 20 e os 30 anos.
-E con disfraz, dende logo.
-Somos sempre os mesmos e amigos da infancia. Imos disfrazados pero sen careta. Tamén queremos participar dalgún xeito no Antroido.
-Por certo, como estaba o cochinillo? Levarían as sobras en táper para a casa...
-Estaba bo, non sobrou. Para asalo contamos cun apoio grandísimo de Suso Gabeiras [Panadería Gabeiras] que queremos agradecer. Seu pai [Juan Gabeiras] que en paz descanse foi o que empezou a asar o cochinillo.