«A protección persoal é o primeiro, e a da imaxe»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Poñer a punto os pasos é esencial antes da procesión

23 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Manuel Rey (Viveiro, 1960) é secretario da Cofradía da Misericordia de Viveiro pero de vez en cando tamén fai tarefas de bricolaxe, as que tocan para que ninguén se leve un susto cun paso e para que a procesión funcione á perfección.

-¿Gústalle a Semana Santa?

-Si, sempre tivo para min algo de misterio, dende neno. A miña familia é de Galdo e alí tamén había moita tradición.

-No seu caso, deu un paso máis.

-Ser cofrade, si, supón un paso máis, igual que se formas parte dunha xunta directiva.

-¿Como leva a parte de montaxe e demáis?

-Son un pouco o que levo esa faceta, sempre coa colaboración dos compañeiros e dos cofrades. Unha persoa soa non da feito.

-¿Hai disponibilidade na xente?

-Si. De feito, temos un grupo formado por WhatsApp e se pedimos que a tal hora fai falla un determinado número de persoas para facer algo, case sempre sobran.

-¿Que tipo de traballos adoita facer?

-Por exemplo, reparar un candelabro, preparar as ánforas para poñer as flores, axustar as barras dos pasos, etcétera.

-A seguridade será algo a ter en conta.

-Claro, a protección persoal é o primeiro e despois a protección da imaxe. Como levador fas esforzos, pero o importante é que ninguén se lastime.

-¿Algún susto que lembre?

-Non, ao mellor nalgún ensaio, pero de lastimarse non lembro.

-¿Hai xente manitas dentro da confraría?

-Hai xente que é moi manitas, que tén idea. Así, un aporta unha cousa, outro outra, e escollemos a que menos traballo dea.

-Antes de saír o paso, ¿chequéase?

-Revísase sempre todo, dende os herraxes, as anclaxes... Aínda que o estado, en xeral, é perfecto. Está en moi bo estado. Algún ano facemos algunha modificación que se revisa cando sae.

-¿Que prefire?, ¿as tarefas ou os papeis?

-Máis as tarefas. Os compañeiros encargáronme a secretaría e a fago con gusto.