Cel experto
os datos publicados polo INE, cabe destacar que os concellos situados na zona costeira da Mariña, son aqueles que concentran un maior numero de empresas. Unha das consecuencias, e que favorece o asentamento e concentración da poboación, é como exemplo moi claro o concello de Burela, onde a poboación se concreta sobre todo no núcleo urbano.
Por outro lado, nas zonas do interior, prodúcese o efecto contrario, existe unha dispersión da poboación e unha migración cara ás zonas con maior actividade económica. A destacar tamén a dependencia que existe das empresas auxiliares ou complementarias das grandes industrias que axudan o asentamento da poboación nesta zona costeira. Non podemos esquecer o auxe nestes últimos anos da actividade madeireira, favorecendo a creación de empresas de transporte e servizos auxiliares a esta actividade. De cara a un futuro, a diversificación de actividades, que abarquen todos os sectores, dende o turismo ata a construción, incluso tamén todas as actividades vinculadas ó sector mariñeiro, será clave para que os concellos que opten por este escenario económico sexan os punteiros na Mariña, favorecendo así a implantación de novas empresas e servizos.
Por último, destacar que a maioría das empresas implantadas na zona, coa excepción de Alcoa e poucas máis, son pequenas empresas familiares que necesitan o apoio da Administración para poder superar a crise económica actual e poder recuperar o tecido empresarial perdido nestes últimos anos.