«Na Mariña cómese de forma fantástica»

Inmaculada Eiroá González
INMA EIROÁ O VALADOURO / LA VOZ

A MARIÑA

O xornalista criado no Valadouro ven de recibir o Premio da Crítica de cultura gastronómica

16 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Miguel Vila, nacido en La Habana hai 57 anos, e criado no Valadouro, ven de recibir o Premio da Crítica de cultura gastronómica.

-¿Considérase cociñeiro, gastrónomo, un gourmet...?

-Sempre digo e insisto neso, que son un periodista gastronómico; non me gusta que me presenten como crítico gastronómico porque non me dedico á crítica gastronómica e eu non, non ando polos restaurantes facendo crítica, adícome ó xornalismo gastronómico, en todo caso polos libros que levo publicados podería ser escritor gastronómicos; cociñeiro non son, iso si, son afeccionado a comer ben, pero non so a comer ben. Na entrega do premio dixen que agradecía o premio polo meu traballo persoal pero tamén polo feito que unha asociación como a da Crítica recoñeza que a gastronomía non solo se disfruta no prato ou na copa, senón tamén na cantidade de poemas e libros de poetas e escritores galegos (...).

-¿Que opina destes fenómenos televisivos de Máster Chef, etcétera ¿Non pensa que a figura do cociñeiro está sobrevalorada ou distorsionada?

-Distorsionada moitísimo, está claro. Tanta televisión xa me cansa; hai programas de pelaxe moi diverso, hai algúns que aínda poden ter pes e cabeza, pero outros son absurdos e ata ridículos e logo un pouco de aburrimento. Penso que a moita xente lle pasa o mesmo. (...) Penso que a cousa vai ir reducíndose e van quedar programas con categoría e calidade e non historietas que teñen pouco que ver coa realidade.

-¿Cociña moderna ou tradicional?

-O debate é un pouco absurdo. Cociña da boa. Hai moitas cousas tradicionais que son fantásticas e non debemos perdelas e hai moitas cousas de cociña innovadora que son moi interesantes e por tanto non se pode renunciar nin a unha cousa nin a outra (...). -¿Como se come na Mariña?

-Na Mariña sempre se comeu ben. Hai unha variedade de produtos interesantísimos e unha calidade extraordinaria, e xente que o fai francamente moi ben. Cómese de forma fantástica, tanto en restaurantes de primeira líña como en casas de comida que se come cociña tradicional e caseira. E ademais con algunhas peculiaridades e formas propias da Mariña que ó mellor non é fácil atopar en outras zonas de Galicia. En materia de peixes, o uso que se fai do bonito na Mariña. En Galicia falamos moito do bonito, pero consumímolo pouco, pero na Mariña hai un consumo importante e algúns pratos, como o bonito en rollo, que fora da Mariña é descoñecido. E outra peculiaridade que me gusta moito e se está perdendo en moitos restaurantes é a tradición de facer os callos co bandullo e as pezuñas do porco e non con tenreira. Fóra da Mariña é imposible de atopar. (...) E os pastelóns, que son moi propios da Mariña; no resto de Galicia hai un debate, que din que as empanadas teñen que ser masa de pan e que si son de hojaldre non son empanadas nin é galego. Eu sempre lles digo, cómo se nota que A Mariña vos queda máis aló de Thailandia, non sodes capaces de vir Á Mariña de descubrir que alí hai unha tradición de pastelóns importantísima, que ven de moi atrás, quizais do medievo, que son deliciosas; un pastelón ben feito é unha marabilla. E as chanfainas, que na Mariña xa non quedan moitos carniceiros que as fagan e fóra lles parece algo exótico.

miguel vila pernas xornalista gastronómico

«En algúns programas de televisión a figura do cociñeiro está distorsionada»