«A menopausia é o momento para que a muller mire para si»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

A súa intervención pecha hoxe os Foros Permanentes para as Mulleres

20 jun 2013 . Actualizado a las 07:02 h.

Os VII Foros Permanentes para as Mulleres que organizou o Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo chega ao seu fin. E o fan abordando a menopausa desde a perspectiva da saúde e da psicoloxía. A primeira correu antonte a cargo da médica do Centro de Saúde ribadense Raquel Molina e a segunda a cargo da psicóloga Juana Blanco, que intervirá hoxe, xoves, ás 18.30 na Casa do Mar para falar desa etapa clave da muller.

-¿Abórdase o aspecto psicolóxico da menopausia?

-Fálase pouco. Algunhas mulleres, as que teñen máis problema, prefiren ir ao médico e lles mandan tratamento farmacolóxico ou terapia hormonal. Pero que a xente consulte por depresión e vinculada á menopausia, exactamente non hai tanta. Nesa etapa da vida da muller os factores psicolóxicos son moi importantes. Están os cambios de humor, a irritabilidade... e todo iso vai influíndo nela.

-¿Como se afronta e se ve?

-A mulleres fan un pouco de revisión da vida nese momento. Eu na charla falarei tamén dos aspectos psicolóxicos e socioculturais que inflúen en como a muller vai pasar á menopausia, o que pensa á sociedade. Penso que o estereotipo é que a muller é máis inestable emocionalmente, se pensa que é menos atractiva, pero non todo o mundo presenta os mesmos síntomas, non todas se deprimen, nin sofren os calores... depende da historia de cada unha e das ideas de como inflúa nela unha cultura. A palabra menopausa ten unha connotación negativa. É a etapa máis longa da vida.

-Hoxe en día vemos mulleres con 50 ou 60 anos estupendas.

-Si, e temos que ter presente eses modelos de mulleres, impresionantes, que están válidas, traballan...

-¿Como valora as asociacións femininas neste sentido?, ¿Fan tamén de «psicólogo»?

-Penso que cando a muller pode entrar nesas redes é unha axuda impresionante, porque se normaliza e regulariza a súa situación, se entende con outras, se intercambian experiencias... E como hoxe a maternidade se atrasa, moitas se atoparán nesa etapa con fillos adolescentes. Pero cando se fala da menopausa, se informa, as mulleres xa saben o que lles está pasando e que o saiban, que é normal, é importante. Tamén é algo do que se lle debería falar á xente nova e aos homes tamén.

-Para entender a menopausia en positivo, ¿que diría?

-A menopausa propiamente dita é a última regra. En termos médicos o seguinte é o climaterio. É unha etapa moi longa. Penso que hai que aproveitar cada etapa da vida. Na da menopausa vexo que hai moito potencial, moito traballo por facer. É cando a muller é máis sabia, descobre cousas novas, se pode replantexar que facer co teu tempo. De feito, rematarei a exposición dicindo que é o momento para mirar para ti. Por outro lado, é fácil que entre os 45 e 60 anos faga de nai e ao mesmo tempo de coidadora de seus pais. Pode ser por iso un momento de moitas cargas familiares.