Ante as declaracións malintencionadas vertidas na prensa polo deputado autonómico Don Ismael Rego e o alcalde de Foz Don José M. García Rivera, a Asociación Mar de San Ciprián como demandante e impulsora do proxecto de construción dunha goleta en San Ciprián, quere saír ao paso para dicir: a construción da goleta pretende a creación de emprego, a dinamización dun sector en crise e a promoción sociocultural da Mariña; a única carpintería de ribeira en funcionamento na nosa provincia está emprazada en San Ciprián, sendo esta, parte da Asociación de Carpinteiros de Ribeira de Galicia adxudicataria da construción; que ademais da construción, vaise a levar a cabo un proxecto novidoso de promoción sociocultural e turístico único a nivel galego e español, entre a nosa asociación e Portos; non entendemos o proceder do señor Ismael que, sendo un parlamentario galego, como é que vai en contra da creación de emprego, da conservación e recuperación do noso patrimonio e da promoción social, cultural e turística da Mariña, ¿acaso vería mellor isto feito noutro sitio fóra de Galicia?
No caso do señor Rivera, é de supoñer que as súas declaracións veñen dadas, ante a súa frustración, como mal xestor da alcaldía que preside, e lévao a atacar a un pobo veciño, co que ten lazos familiares, que nunca se meteu con él, e que sempre o tratou ben, como a todos os que están ou pasan por aquí. Quizáis se no seu día houbera desenrolado algunha iniciativa como esta evitaría a desaparición das carpinterías de ribeira de Foz, de tanta fama e arraigo nesa vila e en toda a Mariña. Esperamos que os dirixentes do PSOE de Cervo se desmarquen destes dous desagradecidos, e saian á prensa apoiando a construción da goleta en San Ciprián, ou están a favor ou en contra. Por último, agradecerlle a Portos a súa sensibilidade á hora de apoiarnos. Directiva de Mar de San Ciprián.