«Dun can podes obter o que queiras, sempre con técnicas depuradas»

A MARIÑA

Germán Quintana Díez (1979, Lugo), profesional que exerce actualmente no Centro Veterinario A Marosa en Burela, preside a Asociación Draco Animal, que a pasada fin de semana celebrou en Sargadelos un seminario de adestramento de cans con clicker, aparato que se emprega nese tipo de actividades. Participaron trece persoas e viñeron profesores de Madrid. Quintana tamén é representante en Galicia doutro colectivo, Aetana, a cal, explica, «engloba todo tipo de profesionais que intentan aplicar as súas terapias en animais (hai de todo, dende fisioterapeutas que entrenan cabalos ou cans para desenrolo motor de nenos, de psicoterapia que traballan con nenos autistas, xente con alzheimer ou en programas de educación temperá, etc.).

-Volvendo ao curso recente en Cervo, ¿para que se usa o clicker?

-Se emprega para técnicas de adestramento con reforzadores positivos (premios). Se evitan os castigos.

-¿E cal é o premio para o can?

-Iso é o que hai que buscar, esa é unha das partes do adestramento. Cada can é un mundo.

-¿Que se consigue da mascota?

-Todo o que queiras, sempre con técnicas depuradas podes conseguir o que queiras, dende o básico, que veña a ti ou se sente...

-¡Incluso que che traia o xornal!

-Tamén sería posible.

-Pero, ¿cal é a base de todo isto?

-Que o propietario disfrute pero o animal tamén.