A Acia focense pagará 400 euros cada mes de préstamo da hipoteca de vivenda ao gañador do sorteo de Nadal
15 nov 2008 . Actualizado a las 02:00 h.Viaxes a Nova York, pagar o recibo da luz e este ano pagar a hipoteca ou parte dela durante un ano. Todas elas son iniciativas que puxo en marcha a ACIA de Foz dentro das campañas que desenrola para dinamizar a actividade dos seus asociados e premiar a confianza dos seus clientes.
-Pagar a hipoteca durante un ano parece unha idea moi axeitada
-A campaña da hipoteca está bastante ben, é un acerto para estes tempos. Hai tres anos falar da hipoteca non era un tema moi atractivo, pero co que está a acontecer hoxe a nivel social e económico, onde a hipoteca é un dos lastres das familias, pensamos que era boa idea pagar estes 400 euros mensuais. Os socios vírona ben, tanto é así que nesta campaña participan máis que en outras.
-¿Por que decidiron que fora 400 euros?
-E unha cifra razoable, pensamos que é a cantidade media que pagan nesta zona polas hipotecas. Aquí a maior parte da xente, cando merca piso, ten algo aforrado, polo que vexo, e esa cantidade pareceunos axeitada.
-E se non a teñen tamén levan premio
-Si. Si o ganador ten unha hipoteca menor de 400 euros mensuais aboaráselle o importe dela cada mes; si é maior, dáselle cada mes 400 euros e si non a ten, recibirá vinte cheques de vales de compra por 20 euros por talón, o que fai 400 euros ó mes. Isto forma parte do Campañazo do Bingo. Os tres últimos venres de novembro e o 2 de de xaneiro sortéanse vales de compra de 300 euros, ata un total de 1.200, entre os clientes que teñen as rifas que lles obsequiaron nos establecementos que participan. O mesmo día 2 de xaneiro, noutro sorteo aparte, decídese o gañador da hipoteca, é como o peche da campaña. Este ano os bingos adiantámolos a novembro, por que é un mes duro para os pequenos negocios e fai falla darlles un impulso.
-¿Cantos socios son?
-Unhos 135; seguimos igual. Antes pagaban pouco de cota, multiplicámola por catro e iso non repercutiu no número; tamén é certo que se conseguen cousas; temos unha campaña de cuñas máis baratas na radio, participan nestas campañas, temos convenios; o martes firmaremos un con Telecomunicaciones Cantábrico que lles abaratará as tarifas telefónicas.