viveiro | Sara Escourido rexenta co seu fillo A Despensa, unha tenda para os padais máis selectos e distintivos que ben podería chamarse delicatesen. Auga de Noruega, café de Kenia, marmelada inglesa, e, por suposto, exquisiteces da zona como o queixo do Cebreiro, ou o bonito do Cantábrico son só algúns dos tesouros agachados neste recuncho de Burela.
-¿É unha cuestión de fetichismo?
-Non é exactamente iso, o que pasa é que á xente gústalle que lle garanticen a máxima calidade do produto, que teña unha boa materia prima e unha fabricación menos industrial. Nós, desde a tenda e desde a páxina web, informamos aos clientes de onde veñen os produtos, como se fabrican... Isto agradécese moito, a proba é que sempre repiten cando proban algo.
-Pero iste non é un lugar para facer a compra...
-¿Hai suficiente demanda deste tipo de produtos?