A TRIBUNA | O |
03 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.ANTONTE CELEBROUSE O día internacional dos humidais. Unha data que, seguramente, pasaríalle desapercibida a moitos. A Mariña é privilexiada, sen embargo, por contar con espacios naturais dese calibre e aínda que se botan de menos máis políticas proteccionistas destes ecosistemas, cheos de vida, agradécese que os niveis de degradación non cheguen a ser aquí tan agudos como ocorre, por exemplo, noutras rías de Galicia que a man do home se encargou de destruir. Na Mariña aínda se conservan recunchos que son verdadeiros tesouros biolóxicos, centros de sabiduría natural. Ademáis da costa e as illas salvaxes, os expertos adoitan citar as rías de Foz e Ribadeo, refuxios de caza e a segunda zona de importancia internacional Ramsar, título que comparte con outros galegos como a lagoa de Valdoviño, as rías de Ortigueira e Ladrido e os complexos litorais de Corrubedo e Umia-Grove. Pero a mesma norma fai fincapé en Ribadeo na importancia de regular axeitadamente os cultivos mariños e infraestructuras, que poden modificar a vida na ría. Sempre é suxerente camiñar por un paseo marítimo. Pero non se compara con disfrutar da costa e da natureza tal e como é. En estado puro.