«O máis importante é que a obra se publique para que chegue á xente»

La Voz A.?F.?C. | VIVEIRO

A MARIÑA

Entrevista | Francisco A. Vidal Este é xa o segundo galardón literario que acada o escritor ribeirense no que vai de ano

12 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

? sorpresa de Francisco A. Vidal (Palmeiro, Ribeira, 1957) ó coñece-lo fallo do quinto certame de novela Pastor Díaz, convocado polo Concello de Viveiro e dotado con tres mil euros, foi dobre, pois pensaba que xa se dera a coñece-lo dictame do xurado hai algúns meses. Compaxina a labor??? profesional coa escritura en A Coruña, onde vive. -¿Como está despois de recibi-la nova? -Estou coma un flan porque eu chamara hai un tempo ó Concello e dixéranme que xa se fallara, debéronse confundir con outro concurso. Entón agora xa non pensaba nada. -Hai pouco que recibiu outro galardón. -Si, o Avilés de Taramancos de Narrativa de Aventuras, de Noia, coa obra O botín da inmortalidade , que acaba de ser publicada agora. O máis importante é que a obra se publique para que chegue á xente e a poidan valorar. -¿De que vai «A luz da eclipse», a obra gañadora? -Trata de ser unha novela histórica pero con toda a fantasía. Os personaxes son de ficción. Un mariñeiro galego cartéase cun mouro que coñece en Lisboa e planean unha viaxe a ver que hai ó outro lado do Atlántico, no século XV. Eu creo que conquistei o corazón do xurado por ser unha novela marítima.