«Nestes últimos catro anos en Barreiros houbo moitas máis sombras que luces, como o derrube do Complexo de Benquerencia, que foi amparado polo goberno do PP»
22 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.?enito Longarela é realista. Sabe que as posibilidades do Partido Socialista de gañar as eleccións en Barreiros son moi limitadas, pero do que non dubida é de que o seu grupo vai gañar votos (na actualidade conta con dous concellais na corporación) e que pode desempeñar un papel fundamental para formar o futuro goberno do Concello de Barreiros. Longarela non pecha as portas: «Nós aspiramos a gobernar en solitario, pero somos realistas e vemos que é moi complicado. A partir do día 25 estamos abertos a todo tipo de posibilidades, a pactar con quen sexa, pero eso si, co programa na man». -Dise dos grupos políticos de Barreiros que manteñen boas relaccións. -Luis Fraga iniciou unha nova etapa, como alcalde circunstancial, e tampouco era cuestión de cebarse con el. -E menudo reto tivo, sustituir a Manuel Díaz Sampedro. ¿Perde tanto o PP sin el? -Eu sempre respetei e respetarei moito a Manuel Díaz Sampedro. O PP, sin el, cambiou, por suposto. E polo que se ve as augas están bastante revoltas. -Di Luis Fraga que polo que fixo non merece un voto de castigo. -Eu creo que o PP si merece ese voto de castigo. Nestes catro anos de goberno houbo moitas máis luces que sombras. O derrube do Complexo de Benquerencia, por exemplo, foi consentido e incluso amparado polo goberno local do PP. Nos últimos anos a pérdida de servizos no concello foi constante, como coas urxencias médicas ou coa ESO. O Partido Popular gobernou de costas á xente. A súa política social, por exemplo, non a compartimos. Hai colectivos que quizáis non dan votos, pero ós que hai que atender igual. Para a terceira idade, por exemplo, non se fixo nada, excepto invitar a unha comida o ano. Ninguén se preocupou tampouco polos xóvenes ou polos os minusválidos. Hai outras cuestións de fondo, como os presupostos, que non se aproban ata os últimos días do ano. E hai una opacidade total coas contas públicas. E iso é moi grave. -Aprobar un novo plan xeral será unha das cuestións que terá que atender a nova corporación. E falar de urbanismo en Barreiros sempre foi un tema polémico. -Certo. O urbanismo en Barreiros é por tradición un caos total. Hai que facer un planeamento como é debido. Non se pode permitir o chavolismo, e con isto non me refiro ós casetos, senón a inmobles sobre todo na zona de costa que teñen licencia de galpón e son chalés ou auténticos palacios. -¿Afronta este remate de campaña con ilusión? -As cousas están complicadas, pero hai posibilidades de cambio. Ademáis de pensar iso, espero que o haxa. Nós creemos que será positivo para Barreiros renovar os aires no goberno local. Será saludable para todos despois de tanto tempo co Concello nas mans do Partido Popular.