A TRIBUNA | O |
07 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.AS ELECCIÓNS FANNOS máis humanos, non hai dúbida. O fax, o correo electrónico e as mensaxes dos teléfonos móbiles foron creando e impoñendo novos xeitos de comunicación persoal, ata o punto de que se consultase o correo que cada día se entrega nas casas, ¿canto habería de correspondencia persoal e canto de publicidade ou textos de entidades bancarias ou de administracións públicas? Pero veñen as eleccións, e as novas tecnoloxías deixan algo de sitio á correspondencia de sempre. A todos nos entra unha súpeta necesidade de comunicación. O alcalde de Foz seica foi o primeiro, ó enviar unha carta ós emigrantes. Pero o seu exemplo, non hai dúbida, e ás nosas casas chegarán cartas que nos animarán a votarmos, a decatármonos de todo o bo que se fixo ou a imaxirnarmos todo o que se podería ter acadado ou se podería conseguir. Sen embargo, será unha moda efémera. A campaña durará pouco, só dúas semanas; as cartas irán á papeleira, ou a un colector de recollida selectiva no mellor dos casos, e a comunicación persoal volverá ás súas canles habituais. ¿Servirá todo isto, polo menos, para que mellore a nosa comunicación?