O espazo «A revista», de TVG, visita as festas de Betanzos e Baiona

La Voz

TELEVISIÓN

18 ago 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O programa A revista, de TVG, achegarase hoxe a Betanzos, localidade inmersa na celebración das súas multitudinarias festas patronais en honor de san Roque, que teñen como cita obrigada a Romaría dos Caneiros, un acontecemento de renome internacional. O espazo do canle autonómico coñecerá en directo os preparativos dunha viaxe fluvial que reúne a decenas de miles de persoas no campo dos Caneiros co obxectivo de gozar dunha celebración centenaria. A outra cita en directo do espazo da Televisión de Galicia será na localidade pontevedresa de Baiona, onde durante estes días ten lugar a Feira das Artes Plásticas.