06 oct 2011 . Actualizado a las 06:00 h.
Xa é habitual que as bandeiras azuis ondeen nas praias da Costa da Morte durante os meses de verán, pero o certo é que a principios dos anos noventa estes símbolos de calidade eran algo excepcional, de aí que moitos veciños acudisen á praia o día do izado da bandeira. Este é o caso dos carballeses desta fotografía, que o 4 de xullo de 1992 aproveitaron o día de praia para ver cos seus propios ollos como o entón alcalde, Manuel Varela Rey, colocaba a que sería unha das primeiras bandeiras azuis do areal de Razo. Despois desta virían moitas máis. foto j. m. casal