11 mar 2002
«A política municipal é gratificante porque fas proxectos e podes aplicalos»
X. M. PALACIOS A ENTREVISTA Eduardo Gutiérrez, primeiro alcalde do BNG en Ribadeo, deixa a corporación despois de dezanove anos Eduardo Gutiérrez deixa a corporación municipal de Ribadeo. Pecha así unha etapa á que adicou dezanove anos de vida política, cun período de oito, 1987-1995, no que acadou un protagonismo maior e, dalgún xeito, indirecto: o que lle correspondía como primeiro alcalde do BNG nun concello e nunha comarca na que o centro-dereita, nas súas distintas formas, tiña unha ampla vantaxe. Gutiérrez lembra o ocorrido nesta longa etapa municipal, e salienta a importancia de traballar no ámbito máis próximo ós cidadáns.